Peste, fame e guerra. A crise do século XIV.
  
Ao longo do s.XIV tiveron lugar tres feitos que marcaron a Idade Media:

- A peste; tivo a súa orixe en Asia e estendeuse por todo Europa a través dos barcos. En cinco anos morreron máis de 20.000.000 de persoas, deixando as cidades asoladas e aumentando a superstición e a fe relixiosa porque pensaban que era un castigo divino.

- A fame; orixinouse debido ás distintas condicións meteorolóxicas , ás guerras e á peste , xa que non había xente que traballase as terras.

- A Guerra dos Cen Anos; entre Francia e Inglaterra, que creou moita mortandade, destrucción de colleitas e cidades. A guerra producíuse entre 1337 e 1453. A guerra foi gañada por Francia e como personaxe especial destacou Xoana de Arco, que liberou o centro de Francia de tropas inglesas, pero traizoada polos borgoñeses, que eran aliados de Inglaterra, foi condenada á fogueira por herexe por vestir pantalóns e tamén por ser acusada de bruxería . Foi canonizada polo Papa no ano 1920 como santa e hoxe é a patroa de Francia.

Xoana de Arco no Parlamento de París. Gravado de 1429. (Fonte: Wikipedia)


Renovación e crise no mundo feudal

A expansión da agricultura
A partires do ano 1000 haberá unha mellora substancial no eido da agricultura grazas aos seguintes cambios:
  1. Aumento da superficie cultivada, debido ao aumento da man de obra, que permitiu a tala de bosques e a desecación de zonas pantanosas.
  2. Cambio do sistema bienal de cultivo (cereal, barbeito), polo sistema trienal de cultivo (trigo/cebada, avea/legumes, barbeito).
  3. A aplicación de avances tecnolóxicos como o arado pesado ou a coleira.


Miniatura anglosaxona. Fonte: Wikimedia Commons

Coleira

Comercio e expedicións
A partir do s.XI aumentou o comercio dos Reinos Europeos ao longo do Mediterráneo co reino de Bizancio e co Islam, sobre todo o de sedas, especias, algodón, ... Destacan as expedicións feitas polo veneciano
Marco Polo, traendo sedas, especias e outro tipo de tecidos de Oriente e pasando longas tempadas cos mongois que ocupaban case todo Asia. Grazas a el descubríronse novas rotas comerciais e coñeceuse máis da vida dos mongois (“As viaxes de Marco Polo”). Destacaban as cidades de Venecia, Xénova, Pisa,... como centros comerciais no Mediterráneo.
No norte destacaron cidades como, Hamburgo, Colonia e Bruxas no comercio de madeira, tecidos e escravos.

As cidades na Idade Media
Durante a Idade Media a maior parte da poboación vivía no campo, aínda que a partir do s.XI comezaron as cidades a medrar. A maior parte da súa poboación adicábase ao comercio e ao artesanado e as cidades medraron á beira dunha catedral ou dun porto comercial.  A maioría tiñan entre 20.000 e 30.000 habitantes, só algunhas alcanzaban os 100.000 (París, Londres, Venecia ou Córdoba).
 

Debuxo dunha cidade medieval.

Características das cidades.
- Había cidades de fundación real ou de fundación señorial.
- A maior parte delas estaban amuralladas. Cando eran atacadas os cidadáns pechaban as portas e defendíanse desde dentro.
- As rúas eran estreitas e xeralmente non eran rectas, eran silenciosas, por elas circulaban persoas, persoas a cabalo e carros.
- Tiñan unha praza onde se celebraban: feiras, mercados, execucións públicas,...
- Nas feiras os campesiños vendían os productos do campo e mercaban ferramentas, tecidos,... que vendían os artesáns ou que foran traídos doutros lugares por comerciantes. Aparte había xente pedindo esmola, cegos cantando coplas,  xente que divertía ós nenos,...
- En cada rúa vivían os artesáns do mesmo oficio en casas xeralmente de dúas plantas , na parte de arriba estaba a vivenda e na de abaixo o obradoiro onde traballaban. Agrupábanse en gremios e as rúas levaban o nome da profesión: rúa dos tinteiros, zapateiros, canteiros, albardeiros,...
- O edificio que destacaba era a igrexa ou a catedral. Tiñan campás que se dedicaban para avisar dos oficios relixiosos, perigos, actos importantes,....



Un renovado grupo social: a burguesía
Chamábanlles así porque vivían nas cidades e adicábanse nos seus obradoiros a fabricar obxectos artesanalmente.
• Vivían en casas que tiñan unha planta baixa que era onde estaba o obradoiro e na parte de arriba vivían eles. Xeralmente en cada rúa vivían os artesáns da mesma profesión. Había a rúa dos zapateiros, dos prateiros, dos albardeiros ,.......
• O que fabricaban vendíano nas feiras aos campesiños ou aos castelos ou traballaban por encarga.
• Estaban asociados en gremios que marcaban o prezo dos obxectos e tamén quen podía exercer a profesión. Un rapaz que quería aprender unha profesor traballaba cun artesán pagando e cando consideraban que xa sabía a profesión facíanlle unha proba chamada obra mestra na que demostraba que sabía a profesión e entonces xa podía ingresar no gremio. Había o gremio dos: canteiros , carpinteiros , zapateiros ,.....
• Os homes traballaban no obradoiro e as mulleres facían as cousas da casa, criaban os fillos e axudábanlle ó home no obradoiro.


Detalle do espello da obra: "O Matrimonio Arnolfini".
Jan Van Eyck. Século XV.





Conquista e ocupación da Península Ibérica
No ano 711 tropas musulmás procedentes do Norte de África atravesaron o Estreito de Gibraltar e tras derrotar ao exército visigodo na  batalla de Guadalete, iniciaron a conquista da Península que durou pouco máis de 10 anos debido á escasa resistencia da nobreza visigoda enfrontada entre si, e moitos deses nobres preferiron pactar cos musulmáns e pagar uns impostos. ( ver mapa páx 11)


Guerreiros musulmáns representados nun manunscrito do século XI (Fonte: Wikipedia)