Amosando publicacións coa etiqueta idade media b>. Amosar todas as publicacións

A Guerra de Granada
Etiquetas:
2º eso Tema 8,
2ºeso,
idade media,
idade moderna
A revolta dos Irmandiños (1467)
A sociedade feudal
Galicia na Idade Media
Desde os inicios da Reconquista, Galicia estivo vinculada ao reino de Asturias, aínda que en algúns períodos dos séculos X e XI foi un reino independente, posteriormente quedou integrado no reino de Castela.
Os musulmáns en Galicia.
Os musulmáns en Galicia.
A presenza de musulmáns en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións en Galicia durante os séculos VIII e IX, coa finalidade de destruír zonas fortificadas, aínda que foron moi esporádicas. A mais significativa foi no 997 contra Santiago de Compostela, dirixida por Almanzor que destruiu parte da igrexa de Santiago e obrigou aos cristiáns a trasladar as campás a Córdoba en sinal de victoria.
Outras invasións.
Durante os séculos IX e X, os normandos e os viquingos procedentes do Norte de Europa, saquearon e invadiron varias poboacións sobre todo costeiras. O bispo de Compostela mandou levantar fortalezas costeiras para defenderse. Quedan restos en Catoira (Pontevedra) como as Torres do Oeste.

Feitos importantes na Idade Media.
Fame e peste: Penetrou en Galicia durante o S.XIV. As vítimas foron moitas, numerosos lugares quedaron despoboados e os campesiños tiveron dificultades para pagas as rendas e os señores viron reducidos os seus ingresos.
Revoltas sociais: producíronse polo aumento das rendas dos señores feudais sobre os campesinos, pola creación de novos impostos, polo emprego da violencia por parte dos señores, e polo saqueo e aumento de roubos, moitas veces apoiados polos señores, que fixo que os campesiños e algúns burgueses se sublevasen dando lugar á revolta irmandiña, que iniciou no s.XV (1431) dirixida por Roi Xordo, que logrou destruír varias fortalezas e castelos, pero finalmente os nobres lograron derrotalos e restablecer o orde.
Máis adiante (1467–1469), tivo lugar a gran guerra irmandiña dirixida por Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos que destruiron máis de 170 fortalezas e conseguiron ao principio impoñer as súas demandas, pero os nobres reorganizáronse e dirixidos por Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), recuperaron os territorios e someteron aos irmandiños, obrigándoos a reconstruír as fortalezas derribadas.

Os camiños de Santiago
Reconquista e Repoboación
A Reconquista.
Os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda, este proceso chámase Reconquista.

Pasou por diferentes fases:
Desde o s.VIII ó X, o reino de Asturias ampliou o seu territorio e trasladou a súa capital de Oviedo a León, no seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia, que se mantivo independente pouco tempo, e os condados de Castela e León.
Entre os séculos XI e XIII, o condado de Castela transformouse no reino de Castela, que ampliará os seus dominios sobre os reinos de Asturias, León e Galicia.
Durante o s.XII, o condado de Aragón deu lugar ao reino de Aragón e incorpora os territorios de Cataluña e Valencia. Aparece tamén o reino de Portugal.
No 1492(s.XV), os casteláns conquistan o reino de Granada, último reino musulmán, dando fin á Reconquista.

(ver mapas do libro, mapas feitos por vós e a liña do tempo do blog)
Repoboación.
Durante os s.VIII - X, o rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen os cultivase e ocupase mediante unhas cartas de poboamento. Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros.
Durante os s.XI - XIII, foron os propios reis quen trataron de atraer poboación concedendo privilexios aos poboadores a cambio de cumplir determinadas obrigacións e de defender as terras e ás súas poboacións (foros).
A partirs do s.XIII, os monarcas repartiron grandes extensións de terras entre os mosteiros e os nobres para que as poboasen e defendesen. Este tipo de repoboación chamouse repartimento.
Al-Andalus
Os musulmáns chamaron á Península Ibérica con ese nome e instalaron en Córdoba a súa capital. En principio estivo gobernada por un emir (príncipe ou soberano) dependente do Califa de Damasco (xefe supremo do Islam), pero no ano 756 Abd al-Rahmán I, fíxose co poder en Córdoba e declarou a independencia de Bagdad e fundou o Emirato de Córdoba.
Máis tarde Abd al-Rahmán III, xa no século X, fundou o Califato de Córdoba.

A presión exercida polos cristiáns xunto coas divisións entre os propios musulmáns provocaron a división do Califato en pequenos reinos chamados taifas, que loitaron entre si para expadir o seu territorio e dominar aos outros, fixo que no ano 1492 os cristiáns conquistasen o derradeiro reino de taifas, o reino de Granada.
Produción artesanal: elaboración de alfombras, traballos en coiro, cerámica, sedas,…
Actividades agrarias: introduciron novos cultivos como o arroz, as laranxas, potenciaron os regadíos con novas técnicas.
Intercambios comerciais: potenciaron os mercados e as rutas con Oriente que comunicaban todo o mundo musulmán.
Abundancia de moedas: de ouro e prata, que facilitaban os intercambios.
Desenvolvemento das cidades: que actuaban como centros comerciais, políticos e administrativos. Eran amuralladas, no centro ou medina, atópabase o zoco ou mercado, a mesquita e o alcázar militar e fóra estaban os arrabaldes. Destacaba a cidade de Córdoba.

Cultura en Al-Ándalus.
· Na súa cultura mesturaron elementos propios e doutras civilizacións, traduciron obras de numerosos pensadores orientais e gregos.
· Cultivaron ciencias como astronomía, xeografía, matemáticas e medicina, na que destacou Avicena.
· Destaca a arquitectura. Mentres que no exterior a decoración é moi sinxela, no interior é moi rica con mosaicos, figuras xeométricas, vexetais, inscricións en árabe, arabescos, arcos de ferradura, etc. Destacan a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.

![]() |
| Detalle de decoración vexetal. (Fonte Wikipedia) |
![]() |
| Arco califal ou de ferradura. Mesquita de Córdoba |
Expansión dos Reinos Cristiáns
Póster interactivo sobre a Expansión dos Reinos Cristiáns
Esplendor de Al-Andalus
Peste, fame e guerra. A crise do século XIV.
Ao longo do s.XIV tiveron lugar tres feitos que marcaron a Idade Media:
- A peste; tivo a súa orixe en Asia e estendeuse por todo Europa a través dos barcos. En cinco anos morreron máis de 20.000.000 de persoas, deixando as cidades asoladas e aumentando a superstición e a fe relixiosa porque pensaban que era un castigo divino.
- A fame; orixinouse debido ás distintas condicións meteorolóxicas , ás guerras e á peste , xa que non había xente que traballase as terras.
- A Guerra dos Cen Anos; entre Francia e Inglaterra, que creou moita mortandade, destrucción de colleitas e cidades. A guerra producíuse entre 1337 e 1453. A guerra foi gañada por Francia e como personaxe especial destacou Xoana de Arco, que liberou o centro de Francia de tropas inglesas, pero traizoada polos borgoñeses, que eran aliados de Inglaterra, foi condenada á fogueira por herexe por vestir pantalóns e tamén por ser acusada de bruxería . Foi canonizada polo Papa no ano 1920 como santa e hoxe é a patroa de Francia.
![]() |
| Xoana de Arco no Parlamento de París. Gravado de 1429. (Fonte: Wikipedia) |
Renovación e crise no mundo feudal
Características das cidades.
Un renovado grupo social: a burguesía
A expansión da agricultura
A partires do ano 1000 haberá unha mellora substancial no eido da agricultura grazas aos seguintes cambios:
- Aumento da superficie cultivada, debido ao aumento da man de obra, que permitiu a tala de bosques e a desecación de zonas pantanosas.
- Cambio do sistema bienal de cultivo (cereal, barbeito), polo sistema trienal de cultivo (trigo/cebada, avea/legumes, barbeito).
- A aplicación de avances tecnolóxicos como o arado pesado ou a coleira.
![]() |
| Miniatura anglosaxona. Fonte: Wikimedia Commons |
![]() |
| Coleira |
Comercio e expedicións
A partir do s.XI aumentou o comercio dos Reinos Europeos ao longo do Mediterráneo co reino de Bizancio e co Islam, sobre todo o de sedas, especias, algodón, ... Destacan as expedicións feitas polo veneciano Marco Polo, traendo sedas, especias e outro tipo de tecidos de Oriente e pasando longas tempadas cos mongois que ocupaban case todo Asia. Grazas a el descubríronse novas rotas comerciais e coñeceuse máis da vida dos mongois (“As viaxes de Marco Polo”). Destacaban as cidades de Venecia, Xénova, Pisa,... como centros comerciais no Mediterráneo.
No norte destacaron cidades como, Hamburgo, Colonia e Bruxas no comercio de madeira, tecidos e escravos.

As cidades na Idade Media
Durante a Idade Media a maior parte da poboación vivía no campo, aínda que a partir do s.XI comezaron as cidades a medrar. A maior parte da súa poboación adicábase ao comercio e ao artesanado e as cidades medraron á beira dunha catedral ou dun porto comercial. A maioría tiñan entre 20.000 e 30.000 habitantes, só algunhas alcanzaban os 100.000 (París, Londres, Venecia ou Córdoba).

| Debuxo dunha cidade medieval. |
Características das cidades.
- Había cidades de fundación real ou de fundación señorial.
- A maior parte delas estaban amuralladas. Cando eran atacadas os cidadáns pechaban as portas e defendíanse desde dentro.
- As rúas eran estreitas e xeralmente non eran rectas, eran silenciosas, por elas circulaban persoas, persoas a cabalo e carros.
- Tiñan unha praza onde se celebraban: feiras, mercados, execucións públicas,...
- Nas feiras os campesiños vendían os productos do campo e mercaban ferramentas, tecidos,... que vendían os artesáns ou que foran traídos doutros lugares por comerciantes. Aparte había xente pedindo esmola, cegos cantando coplas, xente que divertía ós nenos,...
- En cada rúa vivían os artesáns do mesmo oficio en casas xeralmente de dúas plantas , na parte de arriba estaba a vivenda e na de abaixo o obradoiro onde traballaban. Agrupábanse en gremios e as rúas levaban o nome da profesión: rúa dos tinteiros, zapateiros, canteiros, albardeiros,...
- O edificio que destacaba era a igrexa ou a catedral. Tiñan campás que se dedicaban para avisar dos oficios relixiosos, perigos, actos importantes,....

Chamábanlles así porque vivían nas cidades e adicábanse nos seus obradoiros a fabricar obxectos artesanalmente.
• Vivían en casas que tiñan unha planta baixa que era onde estaba o obradoiro e na parte de arriba vivían eles. Xeralmente en cada rúa vivían os artesáns da mesma profesión. Había a rúa dos zapateiros, dos prateiros, dos albardeiros ,.......
• O que fabricaban vendíano nas feiras aos campesiños ou aos castelos ou traballaban por encarga.
• Estaban asociados en gremios que marcaban o prezo dos obxectos e tamén quen podía exercer a profesión. Un rapaz que quería aprender unha profesor traballaba cun artesán pagando e cando consideraban que xa sabía a profesión facíanlle unha proba chamada obra mestra na que demostraba que sabía a profesión e entonces xa podía ingresar no gremio. Había o gremio dos: canteiros , carpinteiros , zapateiros ,.....
• Os homes traballaban no obradoiro e as mulleres facían as cousas da casa, criaban os fillos e axudábanlle ó home no obradoiro.

| Detalle do espello da obra: "O Matrimonio Arnolfini". Jan Van Eyck. Século XV. |
Conquista e ocupación da Península Ibérica
No ano 711 tropas musulmás procedentes do Norte de África atravesaron o Estreito de Gibraltar e tras derrotar ao exército visigodo na batalla de Guadalete, iniciaron a conquista da Península que durou pouco máis de 10 anos debido á escasa resistencia da nobreza visigoda enfrontada entre si, e moitos deses nobres preferiron pactar cos musulmáns e pagar uns impostos. ( ver mapa páx 11)
![]() |
| Guerreiros musulmáns representados nun manunscrito do século XI (Fonte: Wikipedia) |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)