Galicia na Idade Media

Desde os inicios da Reconquista, Galicia estivo vinculada ao reino de Asturias, aínda que en algúns períodos dos séculos X e XI foi un reino independente, posteriormente quedou integrado no reino de Castela.
Os musulmáns en Galicia.
A presenza de musulmáns en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións en Galicia durante os séculos VIII e IX, coa finalidade de destruír zonas fortificadas, aínda que foron moi esporádicas. A mais significativa foi no 997 contra Santiago de Compostela, dirixida por Almanzor que destruiu parte da igrexa de Santiago e obrigou aos cristiáns a trasladar as campás a Córdoba en sinal de victoria.
Outras invasións.
Durante os séculos IX e X, os normandos e os viquingos procedentes do Norte de Europa, saquearon e invadiron varias poboacións sobre todo costeiras. O bispo de Compostela mandou levantar fortalezas costeiras para defenderse. Quedan restos en Catoira (Pontevedra) como as Torres do Oeste.

Feitos importantes na Idade Media.
Fame e peste: Penetrou en Galicia durante o S.XIV. As vítimas foron moitas, numerosos lugares quedaron despoboados e os campesiños tiveron dificultades para pagas as rendas e os señores viron reducidos os seus ingresos.
Revoltas sociais: producíronse polo aumento das rendas dos señores feudais sobre os campesinos, pola creación de novos impostos, polo emprego da violencia por parte dos señores, e polo saqueo e aumento de roubos, moitas veces apoiados polos señores, que fixo que os campesiños e algúns burgueses se sublevasen dando lugar á revolta irmandiña, que iniciou no s.XV (1431) dirixida por Roi Xordo, que logrou destruír varias fortalezas e castelos, pero finalmente os nobres lograron derrotalos e restablecer o orde.
Máis adiante (1467–1469), tivo lugar a gran guerra irmandiña dirixida por Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos que destruiron máis de 170 fortalezas e conseguiron ao principio impoñer as súas demandas, pero os nobres reorganizáronse e dirixidos por Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), recuperaron os territorios e someteron aos irmandiños, obrigándoos a reconstruír as fortalezas derribadas.

Reconquista e Repoboación

A Reconquista.
Os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda, este proceso chámase Reconquista.
Pasou por diferentes fases:
Desde o s.VIII ó X, o reino de Asturias ampliou o seu territorio e trasladou a súa capital de Oviedo a León, no seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia, que se mantivo independente pouco tempo, e os condados de Castela e León.
Entre os séculos XI e XIII, o condado de Castela transformouse no reino de Castela, que ampliará os seus dominios sobre os reinos de Asturias, León e Galicia.
Durante o s.XII, o condado de Aragón deu lugar ao reino de Aragón e incorpora os territorios de Cataluña e Valencia. Aparece tamén o reino de Portugal.
No 1492(s.XV), os casteláns conquistan o reino de Granada, último reino musulmán, dando fin á Reconquista.
(ver mapas do libro, mapas feitos por vós e a liña do tempo do blog)

Repoboación.
Durante a Reconquista tivo lugar a repoblación de terras abandonadas polos musulmáns por parte dos cristiáns.
Durante os s.VIII - X, o rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen os cultivase e ocupase mediante unhas cartas de poboamento. Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros.
Durante os s.XI - XIII, foron os propios reis quen trataron de atraer poboación concedendo privilexios aos poboadores a cambio de cumplir determinadas obrigacións e de defender as terras e ás súas poboacións (foros).
A partirs do s.XIII, os monarcas repartiron grandes extensións de terras entre os mosteiros e os nobres para que as poboasen e defendesen. Este tipo de repoboación chamouse repartimento.