Proceso de urbanización de Galicia e España

Os tres tipos de cidade ao longo da historia en Galicia e España.

Cidade preindustrial
Comprende o período situado entre o s.II a. C. (inicio da romanización) e o s. XIX, o da industrialización. Unhas cidades teñen orixe romana (Lugo, Mérida, Astorga…), outras orixe musulmá (Córdoba, Toledo, Granada,…) e outras orixes cristiás (Santiago, A Coruña, Valladolid,…)
Eran cidades pequenas, rodeadas de murallas para a súa defensa e cun plano irregular.


Cidade industrial
É a etapa comprendida entre o desenvolvemento industrial no século XIX ata fins do s.XX.
Destaca o crecemento urbano e o desprazamento dos campesiños cara as cidades e o desenvolvemento da industria. Destacan: Vigo, Barcelona,  Madrid, Bilbao,…
Moitas murallas de cidades foron derrubadas, ensancháronse as rúas e construíronse barrios residenciais para a xente con menos recursos na periferia.

Cidade postindustrial
Inicíase nos anos 1970-1975 coa reconversión industrial.
A industria perde importancia e gaña poder os servizos (turismo, comercio, novas tecnoloxías,...)
As grandes cidades frearon o seu crecemento e apareceron cidades máis pequenas próximas as cidades grandes.
A escaseza de solo fai que a haxa falta de vivenda e apareza o chavolismo nas aforas das cidades.



A xerarquía urbana española e galega.

Española
-Metrópoles nacionais; exercen unha influencia sobre o territorio, nelas están as principais sedes das empresas. Ex: Madrid e Barcelona.
-Metrópoles rexionais; cidades que contan con servizos de alto nivel e exercen unha influencia rexional. Ex: Valencia , Sevilla
, Zaragoza,….
-Cidades Medias; son a maioría, teñen unha poboación de 50.000 a 100.000 habitantes.
-Cidades pequenas e vilas; son aquelas que teñen menos de 50.000 habitantes. Son centros dunha comarca.


Galega
-Dúas cidades destacadas; Vigo e A Coruña con influencia en toda a Comunidade.
-Cinco cidades de tamaño medio; Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol.
-Cidades pequenas e vilas; que son cabeceiras de comarcas. Ex: Viveiro, Vilagarcía, Betanzos, O Carballiño…
-A parroquia; formada por un agrupamento de aldeas que comparten elementos comúns como a igrexa, cemiterio, festas,…
-A aldea; que é o núcleo básico do asentamento da Galicia rural. Son varias casas agrupadas con poucos habitantes.

Goberno das cidades e vilas
-Corporación municipal; constituída polo alcalde e os concelleiros elexidos democraticamente nas eleccións municipais que se fan cada catro anos.
-O alcalde/esa; elexido polos concelleiros que costitúen o concello.
-Comisión de goberno; grupo reducido de conselleiros que se encargan de solucionar asuntos que xorden de menor importancia.
-Plenos; xuntanzas de traballo de toda a corporación, ás que poden asistir os veciños sen poder intervir nin opinar, que aproban ou rexeitan asuntos propostos pola comisión de goberno.

Outras institucións e conceptos.
-Asociación de veciños; organización de veciños independentes do concellos que se organizan para defender os problemas ou inquedanzas dun barrio, vila ou cidade pequeña, parroquia…..

-Plan Xeral de Ordenación Municipal ( P.X.O.M.). É un instrumento para a ordenación do territorio do termo municipal. Ten que ser aprobado polo pleno municipal e polo goberno da Comunidade Autónoma. Indica que solo serve para construír e de cantas alturas, cales son as zonas verdes, as zonas para industria e as zonas para edificios públicos (ambulatorios, colexios, residencias,…), rúas, prazas,…

Tipos de plano e Xerarquía Urbana

Tipos de plano urbano.

Plano ortogonal ou hipodámico.

Nova York. E.U.A.


Bos Aires. Arxentina.


Plano radiocéntrico.


Moscova. Rusia.
Vitoria. Euskadi.
Plano irregular.


Delhi. India.
Toledo. Castela A Mancha.

Xerarquía urbana.

-Metrópoles mundiais: aquelas que exercen unha influencia mundial debido a que se atopan os centros de decisión política, financieira, económica, etc. Ex: Nova York, Londres, Toquio, París, etc...


-Metrópoles nacionais: que exercen esa influencia nun pais, como capital de estado, política, financieira, etc. Ex: Madrid, Barcelona, Milán, Bucarest, etc...

-Metrópoles rexionais: que exercen a súa influencia sobre un área xeográfica ampla. Ex: Santiago, A Coruña, Vigo, Sevilla, Bilbao, etc...

-Metrópoles provinciais: capitais de provincia e de comarca. Ex: Lugo, Ourense, Córdoba, Zamora, etc...

O mundo das cidades

A cidade. Características.

· Número de habitantes: hai máis habitantes nunha cidade que no rural.En España, unha poboación ten que ter máis de 10.000 habitantes para ser considerada cidade.
· A forma externa: organización de vivendas e edificios organizados ao longo de rúas, plazas e edificios públicos.
· O traballo dos seus habitantes: empregados fundamentalmente no sector terciario (oficinas, ocio, hostelería,…)
· Desempeña a función de intercambio comercial, instalación de industrias, centro político e comercial.
· Forma parte dela un conxunto de edificios e locais destinados a comercio, banca, educación , sanidade,… e tamén mobiliario urbano como: semáforos, farolas, bancos,…
· O ritmo de vida é máis acelerado , hai maior consumo e hai máis individualismo entre a poboación.


Rañaceos da cidade de Frankfurt (Alemaña)

Crecemento das cidades.

- Área metropolitana: formada por unha cidade principal e outras cidades ou vilas máis pequenas, independentes entre si, próximas xeográficamente e que manteñen importantes relacións económicas e sociais coa cidade principal. Ex: Madrid, Barcelona, ... 


Área metropolitana de Barcelona.


- Conurbación urbana: conxunto de dúas ou máis cidades próximas e unidas fisicamente pero independentes entre elas. Ex: Manchester e Liverpool, conurbación do Rhin, etc...


Conurbación do Rhin.


-Megalópoles: territorios extensos nos que se inclúen cidades, áreas metropolitanas e connurbacións que forman unha grande área urbanizada. Ex: Toquio (Xapón).

Megalópole de Toquio.


Os espazos da cidade.
O conxunto de edificios, rúas, prazas, espazos verdes e a súa distribución chámase trama urbana. Nesta estrutura urbana pódense diferenciar tres partes:

-Casco antigo: nel atópanse a maior parte dos edificios históricos. É a parte da cidade construída antes da industrialización do s. XIX.

Casco antigo de Barcelona.

-Ensanche: é a parte da cidade que xorde a carón da revolución industrial, para acoller a un número inmenso de poboación que chega á cidade para vivir da industria. Normalmente nos ensanches vive poboación de clase media-alta.

Ensanche de Barcelona.

-Periferia: nela atópanse os barrios obreiros máis humildes, xunto coas industrias que se crean coa revolución industrial. Co paso do tempo a periferia diversificase, dando lugar a novos espazos como os polígonos industriais e os parques tecnolóxicos, as infraestructuras deportivas (estadios, áreas recreativas) e de transporte (circunvalacións, aeroportos, etc...), ou as urbanizacións de poboación de clase alta.

Periferia de Barcelona.