Proceso de urbanización de Galicia e España

Os tres tipos de cidade ao longo da historia en Galicia e España.

Cidade preindustrial
Comprende o período situado entre o s.II a. C. (inicio da romanización) e o s. XIX, o da industrialización. Unhas cidades teñen orixe romana (Lugo, Mérida, Astorga…), outras orixe musulmá (Córdoba, Toledo, Granada,…) e outras orixes cristiás (Santiago, A Coruña, Valladolid,…)
Eran cidades pequenas, rodeadas de murallas para a súa defensa e cun plano irregular.


Cidade industrial
É a etapa comprendida entre o desenvolvemento industrial no século XIX ata fins do s.XX.
Destaca o crecemento urbano e o desprazamento dos campesiños cara as cidades e o desenvolvemento da industria. Destacan: Vigo, Barcelona,  Madrid, Bilbao,…
Moitas murallas de cidades foron derrubadas, ensancháronse as rúas e construíronse barrios residenciais para a xente con menos recursos na periferia.

Cidade postindustrial
Inicíase nos anos 1970-1975 coa reconversión industrial.
A industria perde importancia e gaña poder os servizos (turismo, comercio, novas tecnoloxías,...)
As grandes cidades frearon o seu crecemento e apareceron cidades máis pequenas próximas as cidades grandes.
A escaseza de solo fai que a haxa falta de vivenda e apareza o chavolismo nas aforas das cidades.



A xerarquía urbana española e galega.

Española
-Metrópoles nacionais; exercen unha influencia sobre o territorio, nelas están as principais sedes das empresas. Ex: Madrid e Barcelona.
-Metrópoles rexionais; cidades que contan con servizos de alto nivel e exercen unha influencia rexional. Ex: Valencia , Sevilla
, Zaragoza,….
-Cidades Medias; son a maioría, teñen unha poboación de 50.000 a 100.000 habitantes.
-Cidades pequenas e vilas; son aquelas que teñen menos de 50.000 habitantes. Son centros dunha comarca.


Galega
-Dúas cidades destacadas; Vigo e A Coruña con influencia en toda a Comunidade.
-Cinco cidades de tamaño medio; Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol.
-Cidades pequenas e vilas; que son cabeceiras de comarcas. Ex: Viveiro, Vilagarcía, Betanzos, O Carballiño…
-A parroquia; formada por un agrupamento de aldeas que comparten elementos comúns como a igrexa, cemiterio, festas,…
-A aldea; que é o núcleo básico do asentamento da Galicia rural. Son varias casas agrupadas con poucos habitantes.

Goberno das cidades e vilas
-Corporación municipal; constituída polo alcalde e os concelleiros elexidos democraticamente nas eleccións municipais que se fan cada catro anos.
-O alcalde/esa; elexido polos concelleiros que costitúen o concello.
-Comisión de goberno; grupo reducido de conselleiros que se encargan de solucionar asuntos que xorden de menor importancia.
-Plenos; xuntanzas de traballo de toda a corporación, ás que poden asistir os veciños sen poder intervir nin opinar, que aproban ou rexeitan asuntos propostos pola comisión de goberno.

Outras institucións e conceptos.
-Asociación de veciños; organización de veciños independentes do concellos que se organizan para defender os problemas ou inquedanzas dun barrio, vila ou cidade pequeña, parroquia…..

-Plan Xeral de Ordenación Municipal ( P.X.O.M.). É un instrumento para a ordenación do territorio do termo municipal. Ten que ser aprobado polo pleno municipal e polo goberno da Comunidade Autónoma. Indica que solo serve para construír e de cantas alturas, cales son as zonas verdes, as zonas para industria e as zonas para edificios públicos (ambulatorios, colexios, residencias,…), rúas, prazas,…

Tipos de plano e Xerarquía Urbana

Tipos de plano urbano.

Plano ortogonal ou hipodámico.

Nova York. E.U.A.


Bos Aires. Arxentina.


Plano radiocéntrico.


Moscova. Rusia.
Vitoria. Euskadi.
Plano irregular.


Delhi. India.
Toledo. Castela A Mancha.

Xerarquía urbana.

-Metrópoles mundiais: aquelas que exercen unha influencia mundial debido a que se atopan os centros de decisión política, financieira, económica, etc. Ex: Nova York, Londres, Toquio, París, etc...


-Metrópoles nacionais: que exercen esa influencia nun pais, como capital de estado, política, financieira, etc. Ex: Madrid, Barcelona, Milán, Bucarest, etc...

-Metrópoles rexionais: que exercen a súa influencia sobre un área xeográfica ampla. Ex: Santiago, A Coruña, Vigo, Sevilla, Bilbao, etc...

-Metrópoles provinciais: capitais de provincia e de comarca. Ex: Lugo, Ourense, Córdoba, Zamora, etc...

O mundo das cidades

A cidade. Características.

· Número de habitantes: hai máis habitantes nunha cidade que no rural.En España, unha poboación ten que ter máis de 10.000 habitantes para ser considerada cidade.
· A forma externa: organización de vivendas e edificios organizados ao longo de rúas, plazas e edificios públicos.
· O traballo dos seus habitantes: empregados fundamentalmente no sector terciario (oficinas, ocio, hostelería,…)
· Desempeña a función de intercambio comercial, instalación de industrias, centro político e comercial.
· Forma parte dela un conxunto de edificios e locais destinados a comercio, banca, educación , sanidade,… e tamén mobiliario urbano como: semáforos, farolas, bancos,…
· O ritmo de vida é máis acelerado , hai maior consumo e hai máis individualismo entre a poboación.


Rañaceos da cidade de Frankfurt (Alemaña)

Crecemento das cidades.

- Área metropolitana: formada por unha cidade principal e outras cidades ou vilas máis pequenas, independentes entre si, próximas xeográficamente e que manteñen importantes relacións económicas e sociais coa cidade principal. Ex: Madrid, Barcelona, ... 


Área metropolitana de Barcelona.


- Conurbación urbana: conxunto de dúas ou máis cidades próximas e unidas fisicamente pero independentes entre elas. Ex: Manchester e Liverpool, conurbación do Rhin, etc...


Conurbación do Rhin.


-Megalópoles: territorios extensos nos que se inclúen cidades, áreas metropolitanas e connurbacións que forman unha grande área urbanizada. Ex: Toquio (Xapón).

Megalópole de Toquio.


Os espazos da cidade.
O conxunto de edificios, rúas, prazas, espazos verdes e a súa distribución chámase trama urbana. Nesta estrutura urbana pódense diferenciar tres partes:

-Casco antigo: nel atópanse a maior parte dos edificios históricos. É a parte da cidade construída antes da industrialización do s. XIX.

Casco antigo de Barcelona.

-Ensanche: é a parte da cidade que xorde a carón da revolución industrial, para acoller a un número inmenso de poboación que chega á cidade para vivir da industria. Normalmente nos ensanches vive poboación de clase media-alta.

Ensanche de Barcelona.

-Periferia: nela atópanse os barrios obreiros máis humildes, xunto coas industrias que se crean coa revolución industrial. Co paso do tempo a periferia diversificase, dando lugar a novos espazos como os polígonos industriais e os parques tecnolóxicos, as infraestructuras deportivas (estadios, áreas recreativas) e de transporte (circunvalacións, aeroportos, etc...), ou as urbanizacións de poboación de clase alta.

Periferia de Barcelona.

Galicia na Idade Media

Desde os inicios da Reconquista, Galicia estivo vinculada ao reino de Asturias, aínda que en algúns períodos dos séculos X e XI foi un reino independente, posteriormente quedou integrado no reino de Castela.
Os musulmáns en Galicia.
A presenza de musulmáns en Galicia foi escasa. Os exércitos musulmáns realizaron varias incursións en Galicia durante os séculos VIII e IX, coa finalidade de destruír zonas fortificadas, aínda que foron moi esporádicas. A mais significativa foi no 997 contra Santiago de Compostela, dirixida por Almanzor que destruiu parte da igrexa de Santiago e obrigou aos cristiáns a trasladar as campás a Córdoba en sinal de victoria.
Outras invasións.
Durante os séculos IX e X, os normandos e os viquingos procedentes do Norte de Europa, saquearon e invadiron varias poboacións sobre todo costeiras. O bispo de Compostela mandou levantar fortalezas costeiras para defenderse. Quedan restos en Catoira (Pontevedra) como as Torres do Oeste.

Feitos importantes na Idade Media.
Fame e peste: Penetrou en Galicia durante o S.XIV. As vítimas foron moitas, numerosos lugares quedaron despoboados e os campesiños tiveron dificultades para pagas as rendas e os señores viron reducidos os seus ingresos.
Revoltas sociais: producíronse polo aumento das rendas dos señores feudais sobre os campesinos, pola creación de novos impostos, polo emprego da violencia por parte dos señores, e polo saqueo e aumento de roubos, moitas veces apoiados polos señores, que fixo que os campesiños e algúns burgueses se sublevasen dando lugar á revolta irmandiña, que iniciou no s.XV (1431) dirixida por Roi Xordo, que logrou destruír varias fortalezas e castelos, pero finalmente os nobres lograron derrotalos e restablecer o orde.
Máis adiante (1467–1469), tivo lugar a gran guerra irmandiña dirixida por Pedro Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos que destruiron máis de 170 fortalezas e conseguiron ao principio impoñer as súas demandas, pero os nobres reorganizáronse e dirixidos por Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), recuperaron os territorios e someteron aos irmandiños, obrigándoos a reconstruír as fortalezas derribadas.

Reconquista e Repoboación

A Reconquista.
Os reinos e condados cristiáns trataron de recuperar as terras dominadas polos musulmáns e que antes pertenceran á monarquía visigoda, este proceso chámase Reconquista.
Pasou por diferentes fases:
Desde o s.VIII ó X, o reino de Asturias ampliou o seu territorio e trasladou a súa capital de Oviedo a León, no seu interior xurdiron zonas diferenciadas como o reino de Galicia, que se mantivo independente pouco tempo, e os condados de Castela e León.
Entre os séculos XI e XIII, o condado de Castela transformouse no reino de Castela, que ampliará os seus dominios sobre os reinos de Asturias, León e Galicia.
Durante o s.XII, o condado de Aragón deu lugar ao reino de Aragón e incorpora os territorios de Cataluña e Valencia. Aparece tamén o reino de Portugal.
No 1492(s.XV), os casteláns conquistan o reino de Granada, último reino musulmán, dando fin á Reconquista.
(ver mapas do libro, mapas feitos por vós e a liña do tempo do blog)

Repoboación.
Durante a Reconquista tivo lugar a repoblación de terras abandonadas polos musulmáns por parte dos cristiáns.
Durante os s.VIII - X, o rei autorizaba a particulares a establecerse nun determinado territorio que pasaba a ser propiedade de quen os cultivase e ocupase mediante unhas cartas de poboamento. Os máis beneficiados foron os nobres e os monxes que fundaban mosteiros.
Durante os s.XI - XIII, foron os propios reis quen trataron de atraer poboación concedendo privilexios aos poboadores a cambio de cumplir determinadas obrigacións e de defender as terras e ás súas poboacións (foros).
A partirs do s.XIII, os monarcas repartiron grandes extensións de terras entre os mosteiros e os nobres para que as poboasen e defendesen. Este tipo de repoboación chamouse repartimento.

Al-Andalus


Os musulmáns chamaron á Península Ibérica con ese nome e instalaron en Córdoba a súa capital. En principio estivo gobernada por un emir (príncipe ou soberano) dependente do Califa de Damasco (xefe supremo do Islam), pero no ano 756 Abd al-Rahmán I, fíxose co poder en Córdoba e declarou a independencia de Bagdad e fundou o Emirato de Córdoba.
Máis tarde Abd al-Rahmán III, xa no século X, fundou o Califato de Córdoba.

Decadencia de Al Andalus. 
A presión exercida polos cristiáns xunto coas divisións entre os propios musulmáns provocaron a división do Califato en pequenos reinos chamados taifas, que loitaron entre si para expadir o seu territorio e dominar aos outros, fixo que no ano 1492 os cristiáns conquistasen o derradeiro reino de taifas, o reino de Granada.

Economía en Al-Ándalus.
Produción artesanal: elaboración de alfombras, traballos en coiro, cerámica, sedas,…
Actividades agrarias: introduciron novos cultivos como o arroz, as laranxas, potenciaron os regadíos con novas técnicas.
Intercambios comerciais: potenciaron os mercados e as rutas con Oriente que comunicaban todo o mundo musulmán.
Abundancia de moedas: de ouro e prata, que facilitaban os intercambios.
Desenvolvemento das cidades: que actuaban como centros comerciais, políticos e administrativos. Eran amuralladas, no centro ou medina, atópabase o zoco ou mercado, a   mesquita e o alcázar militar e fóra estaban os arrabaldes. Destacaba a cidade de Córdoba.

Cultura en Al-Ándalus.
· Na súa cultura mesturaron elementos propios e doutras civilizacións, traduciron obras de numerosos pensadores orientais e gregos.
· Cultivaron ciencias como astronomía, xeografía, matemáticas e medicina, na que destacou Avicena.
· Destaca a arquitectura. Mentres que no exterior a decoración é moi sinxela, no interior é moi rica con mosaicos, figuras xeométricas, vexetais, inscricións en árabe, arabescos, arcos de ferradura, etc. Destacan a mesquita de Córdoba e a Alhambra de Granada.

Detalle de decoración vexetal. (Fonte Wikipedia)

Arco califal ou de ferradura. Mesquita de Córdoba