Os tres tipos de cidade ao longo da historia en Galicia e España.
Cidade preindustrial
Comprende o período situado entre o s.II a. C. (inicio da romanización) e o s. XIX, o da industrialización. Unhas cidades teñen orixe romana (Lugo, Mérida, Astorga…), outras orixe musulmá (Córdoba, Toledo, Granada,…) e outras orixes cristiás (Santiago, A Coruña, Valladolid,…)
Eran cidades pequenas, rodeadas de murallas para a súa defensa e cun plano irregular.

Cidade industrial
É a etapa comprendida entre o desenvolvemento industrial no século XIX ata fins do s.XX.
Destaca o crecemento urbano e o desprazamento dos campesiños cara as cidades e o desenvolvemento da industria. Destacan: Vigo, Barcelona, Madrid, Bilbao,…
Moitas murallas de cidades foron derrubadas, ensancháronse as rúas e construíronse barrios residenciais para a xente con menos recursos na periferia.
Cidade postindustrial
Inicíase nos anos 1970-1975 coa reconversión industrial.
A industria perde importancia e gaña poder os servizos (turismo, comercio, novas tecnoloxías,...)
As grandes cidades frearon o seu crecemento e apareceron cidades máis pequenas próximas as cidades grandes.
A escaseza de solo fai que a haxa falta de vivenda e apareza o chavolismo nas aforas das cidades.

A xerarquía urbana española e galega.
Española
-Metrópoles nacionais; exercen unha influencia sobre o territorio, nelas están as principais sedes das empresas. Ex: Madrid e Barcelona.
-Metrópoles rexionais; cidades que contan con servizos de alto nivel e exercen unha influencia rexional. Ex: Valencia , Sevilla, Zaragoza,….
-Cidades Medias; son a maioría, teñen unha poboación de 50.000 a 100.000 habitantes.
-Cidades pequenas e vilas; son aquelas que teñen menos de 50.000 habitantes. Son centros dunha comarca.
Galega

-Dúas cidades destacadas; Vigo e A Coruña con influencia en toda a Comunidade.
-Cinco cidades de tamaño medio; Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol.
-Cidades pequenas e vilas; que son cabeceiras de comarcas. Ex: Viveiro, Vilagarcía, Betanzos, O Carballiño…
-A parroquia; formada por un agrupamento de aldeas que comparten elementos comúns como a igrexa, cemiterio, festas,…
-A aldea; que é o núcleo básico do asentamento da Galicia rural. Son varias casas agrupadas con poucos habitantes.

Goberno das cidades e vilas
-Corporación municipal; constituída polo alcalde e os concelleiros elexidos democraticamente nas eleccións municipais que se fan cada catro anos.
-O alcalde/esa; elexido polos concelleiros que costitúen o concello.
-Comisión de goberno; grupo reducido de conselleiros que se encargan de solucionar asuntos que xorden de menor importancia.
-Plenos; xuntanzas de traballo de toda a corporación, ás que poden asistir os veciños sen poder intervir nin opinar, que aproban ou rexeitan asuntos propostos pola comisión de goberno.

Outras institucións e conceptos.
-Asociación de veciños; organización de veciños independentes do concellos que se organizan para defender os problemas ou inquedanzas dun barrio, vila ou cidade pequeña, parroquia…..

-Plan Xeral de Ordenación Municipal ( P.X.O.M.). É un instrumento para a ordenación do territorio do termo municipal. Ten que ser aprobado polo pleno municipal e polo goberno da Comunidade Autónoma. Indica que solo serve para construír e de cantas alturas, cales son as zonas verdes, as zonas para industria e as zonas para edificios públicos (ambulatorios, colexios, residencias,…), rúas, prazas,…
Ningún comentario:
Publicar un comentario